
Licenciada en Xeografía e Hª, cunha ampla traxectoria profesional na programación e xestión de proxectos culturais. Con máis de trinta anos de experiencia profesional dirixiu a colección de arte Caixa Galicia, actualmente Abanca. Foi subdirectora da Fundacion Caixa Galicia.Colaborou con institucións como Academia Galega de Belas Artes, Auditorio de Galicia, Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Museo Casa Natal Picasso, Chillida-Leku,Casa do Lector Madrid, Museo e Bienal de Pontevedra, Museo dás Mariñas e Museo Arqueolóxico da Coruña.
- Deseño e xestión de proxectos culturais.
- Comisariado, coordinación, deseño e montaxe de exposicións.
- Creación e xestión de coleccións de arte: deseño, adquisicións, catalogación de fondos, valoración, conservación e seguridade.
- Posta en valor de coleccións: xestión de préstamos, deseño de proxectos expositivos.
- Asesoramento personalizado na adquisición de obras de arte, a través de artistas, galerías, feiras, poxas, coleccionistas, etc.
- Asesoramento na realización e desenvolvemento de páxinas web e publicacións para artistas e coleccións.